Inicio / NOVAS / Dossier de prensa

Dossier de prensa

A marca Galicia Calidade distingue desde 1995 os produtos ou servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou polo seu proceso de produción sexan merecentes desta distinción, despois de contrastar a súa calidade mediante as auditorías de control.

Deste xeito, contribuíu a impulsar a competitividade das empresas galegas nos mercados máis esixentes ao transmitirlles confianza e seguridade aos consumidores.

Na actualidade, o selo Galicia Calidade está en máis de 300 produtos e servizos de máis de 50 empresas galegas. Algúns sectores, como o turístico ou o de produción de granito, desenvolveron pregos de certificación para que as súas empresas poidan incorporar a marca de garantía aos seus produtos ou servizos.

Ver dossier informativo


Redes sociais

Multimedia