Contar co selo Galicia Calidade implica un
conxunto de obrigas, pero tamén importantes beneficios para
as empresas asociadas:
- Galicia Calidade é un selo de garantía de
calidade certificada que só se outorga a aqueles produtos ou servizos que
destacan polos seus atributos de calidade respecto doutros do seu mesmo xénero,
e non a todos os produtos pola súa orixe.
- Os produtos e servizos amparados por Galicia
Calidade pasan uns controis que non se limitan unicamente a garantir a súa
orixe común, senón que tamén acreditan as características de calidade
establecidas.
- O selo, nome e logotipo de Galicia Calidade
son amplamente recoñecidos polos consumidores de toda España e valorados por estes de
forma moi positiva.
- O constante investimento que desde Galicia
Calidade se realiza para a promoción do
noso selo e dos produtos amparados por este, serve para que o consumidor o coñeza
e o recoñeza, o que beneficia directa e indirectamente a todos os produtos e
servizos adheridos a el.
- Todas as accións promocionais están deseñadas
co obxectivo de favorecer as
empresas adheridas.
- As accións promocionais e os acordos no
punto de venda supoñen unha grande oportunidade para que todas as empresas,
independentemente do seu tamaño, dispoñan dunha promoción extra nestas canles.
- Galicia Calidade mantén unha destacada presenza nas feiras agroalimentarias, o que constitúe unha ocasión excelente
para que as empresas poidan dar a coñecer os seus produtos e servizos no
segmento profesional nacional e estranxeiro.
- Os nosos plans de acción tamén contemplan o
consumidor, para que os produtos e servizos sexan constantes na súa compra, e prestan atención aos novos consumidores mediante
a participación en campañas educativas e a través do deporte.
- Facilidade na tramitación do selo de
calidade. A través de Internet pódese obter a información e resolver a
solicitude máis axilmente e en menos tempo.