Inicio / Galicia Calidade / O noso compromiso

O noso compromiso

O selo Galicia Calidade naceu para distinguir aqueles produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego sexan merecentes desta distinción, despois de contrastada a súa calidade mediante as auditorías de control.

Como marca de calidade certificada, é un compromiso cos clientes e/ou usuarios que garante que estes produtos e servizos contan cos requisitos prometidos e poden ser consumidos con total confianza.

Galicia Calidade tamén representa a aposta da Administración galega pola innovación, a sustentabilidade e a competitividade nos mercados internacionais máis esixentes, xa que contribúe a xerar valores intanxibles para as empresas e os produtos certificados con este selo.

Como sociedade pública, Galicia Calidade, S.A.U. esíxelles ás empresas que apliquen os máis estritos controis de calidade homologados para garantir a calidade dos seus produtos e servizos e certifica o seu cumprimento con auditorías propias periódicas.

Principios

A xestión do selo de calidade realízase segundo os seguintes principios

  • Facilitar o acceso dos produtos galegos á marca de garantía,pero sen menoscabo das máis estritas normas de control e seguimento, para garantir o cumprimento dos requisitos internos.
  • Potenciar o labor de promoción dos produtos, contribuíndo así á procura da excelencia e á mellora continua que garanta a vantaxe competitiva fronte a terceiros.
Misión

Galicia Calidade tamén está comprometida coa misiónde promover os produtos distinguidos con este selo, tanto pola súa calidade diferenciada como pola súa orixe, para dar a coñecer os seus valores nos mercados interiores e exteriores.

Valores

Entre os valores que defende a sociedade pública figuran:

  • Vocación de servizo público de calidade á sociedade galega.
  • Responsabilidade, transparencia e obxectividade na xestión do selo de garantía.
  • Aposta pola innovación, a competitividade e a sustentabilidade que contribúan á internacionalización das empresas galegas.

Redes sociais

Multimedia