Inicio / Sostibilidade

O natural é gozar dun Nadal sostible

En Galicia o natural é gozar dun Nadal sostible e de calidade, confiando nos nosos produtos de proximidade e a tradición e bo facer dos produtores e empresas galegas.

En Galicia contamos con todos os ‘ingredientes’ necesarios para gozar dun Nadal natural e sostible. Descubre a nosa particular receita.


Receita para un Nadal galego natural e sostible

Produtos sostibles e elaboracións doces dos restaurantes Galicia Calidade

As empresas certificadas pola nosa marca de garantía destacan pola calidade dos seus produtos, que ademais contan historias de sostibilidade.

Na nosa caixa de Nadal combinamos estes produtos con elaboracións doces elaboradas polos chefs dos restaurantes Galicia Calidade Lucía Freitas (A Tafona) e Manuel Costiña (Costiña).

Descubre os produtos integrados na caixa de Nadal e as súas historias:

Elaboracións doces
Queixos
Produtos cárnicos
Conservas
Viños e espumosos

Decoración:
flor de pascua galega

Galicia é unha potencia na produción de planta ornamental. As nosas plantas son recoñecidas e moi valoradas no exterior, especialmente en Europa.

A marca ‘Planta ornamental de Galicia’ promovida pola Asociación ASVINOR diferencia a súa excelencia e ofrece aos consumidores unha garantía de calidade, orixe e trazabilidade.

Embalaxe:
unha caixa con centos de vidas

A nosa caixa é unha mostra do compromiso polo bo facer artesán e a produción de proximidade con produtos naturais que poden ser reutilizados e reciclados.

Elaborada con madeira de piñeiro galego e amparada pola marca Pino de Galicia, foi fabricada pola carpintería TEC-MODEL de A Estrada.
Recorda a nosa campaña de Nadal 2021

Iniciativa promovida por Galicia Calidade e XERA en colaboración con Pino de Galicia para difundir hábitos de consumo sostibles en línea co Pacto Verde Europeo promovido pola Comisión Europea. Gracias ás empresas e institucións pola súa participación.

Séguenos en redes sociais

Redes sociais

Multimedia