Inicio / Empresas asociadas / A TABERNA RESTAURANTE

A TABERNA RESTAURANTE

Contacto:
A Taberna Restaurante
Rúa de Julio Prieto, nº 32
32005 - Ourense
Tfno: +34 988 243 332

A Taberna Restaurante está situado á entrada do centro histórico de Ourense, nunha antiga casa restaurada, preto do Xardín do Posío. Ofrece aos seus clientes unha cociña caseira, tradicional e galega,aproveitando as boas materias primas, frescas e de tempada. 

As instalacións e decoración son rústicas, creando unha atmosfera moi agradable. Dous salóns elegantemente decorados permiten situar grupos de empresa, de familia, eventos, etc. para os que elaboran menús especiais previa reserva. Ademas, dispón dunha adega con máis de 300 referencias nacionais e internacionais. 

Desde finais da 2010 conta co distintivo Q de Calidade Turística outorgado polo Instituto para a Calidade Turística Española. Tamén conta coa recomendación da Guía Michelín e, desde  2014, coa distinción dun Sol Repsol.
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia