Inicio / Empresas asociadas / ADEGA A COROA

ADEGA A COROA

Contacto:
Adega A Coroa
Rúa A Coroa s/n Apartado 4
32350 - A Rúa (Ourense)
Tlfno:+34988310648
Fax: +34988611439
e-mail: acoroa@acoroa.com
www.acoroa.com

A Coroa é unha adega familiar amparada pola DO Valdeorras e que aposta pola viticultura racional e moderna, aproveitando a personalidade da variedade godello e buscando sempre a calidade. A elaboración céntrase nun trato minucioso e racional da uva utilizando a mellor tecnoloxía e respectando plenamente a heteroxeneidade dos terreos.

O seu enólogo, Ángel Sánchez Cuesta, formado na Escola de Viticultura e Enoloxía de Requena (Valencia), conta con 17 anos de experiencia na comarca de Valdeorras. Coñecedor da súa viticultura e das súas variedades, é un dos pioneiros na elaboración de viños monovarietais con godello e mencía.

Os viñedos

Conta con cinco parcelas, onde se conxugan unha boa orientación sur-sueste, vellas cepas e un microclima específico para conseguir unha óptima maduración dos acios. A vendima realízase manualmente en caixas de 15 kg. Os viñedos da Coroa son de produción integrada, dado que se busca preservar a calidade, o respecto polo medio natural e o coidado e a rexeneración da terra.

Os seus viños combinan unha delicada estrutura e unha expresión varietal de acentuada personalidade e orixinalidade. Presentan unha cor amarela verdosa que evolucionará a matices dourados.

Sostibilidade
Co compromiso de ofrecer a máxima calidade desde o respecto polo medio ambiente e o coidado e a rexeneración da terra, o modelo de cultivo de todas as parcelas da Coroa réxese pola produción controlada, que supón restrinxir o máximo de produción a 8.000 kg por hectárea, un 40% menos que o máximo permitido pola D.O. Valdeorras.

O obxectivo está enfocado en lograr, a través dun maior control da materia prima e unhas  vinificaciones racionais e de precisión, uns viños totalmente  varietales que expresan con pureza as características do “ terroir”.

A Coroa aposta por este tipo de agricultura e forma de produción de alimentos, similar á agricultura ecolóxica, que fundamenta a súa orixe na loita biolóxica ou loita integrada, buscando a sustentabilidade do  medioambiente. Deste xeito minimízanse ou eliminan o uso de substancias químicas e fitosanitarios para o control de pragas ou enfermidades, o que permite ofrecer viños naturais e sen aditivos.


Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia