Inicio / Empresas asociadas / ADEGAS TERRA DE ASOREI

ADEGAS TERRA DE ASOREI

Contacto:
Adegas Terras de Asorei
(Autovía do Salnés, saída 7)
36637 - San Martiño - Meis (Pontevedra)
Tfno: +34 986 680 868
e-mail: info@terradeasorei.com

Adegas Terra de Asorei é o resultado da unión de varias familias de viticultores da comarca do Salnés que se xuntaron a principios do Século XXI para a produción de viños albariños 100% e de alta calidade, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas

O proxecto Terras de Asorei busca continuar coa modernización vitivinícola para obter viños albariños con personalidade propia e que buscan a excelencia. Nas novas instalacións combinan o coñecemento empresarial e adegueiro coas últimas innovacións en tecnoloxía e equipamento, cunha capacidade inicial para producir unhas 400.000 botellas ao ano.  

Na actualidade conta con 60 hectáreas de viñedo, cunha idade de vai desde os 20 aos 80 anos, localizados no Val do Salnés, o que permite facer un control efectivo da calidade da uva en todo o proceso: a terra, as cepas e o crecemento das uvas, así como a elaboración do viño na adega.
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia