Inicio / Empresas asociadas / ADEGAS E VIÑEDOS PACO & LOLA

ADEGAS E VIÑEDOS PACO & LOLA

Contacto:
Adega e viñedos Paco & Lola
Valdamor, 18, Xi
36968 - Meaño (Pontevedra)
Tlfno: +34 986 747 779
Fax: +34 986 748 940
email: comercial@pacolola.com

Paco & Lola é unha adega da D.O. Rías Baixas que naceu no ano 2005 por iniciativa dun grupo de viticultores da comarca do Salnés que decidiron profesionalizar a súa produción e constituíron a cooperativa Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana. Actualmente está constituída por 426 socios e é a cooperativa con maior número de socios da D.O. Rías Baixas.

A adega conta con máis de 200 hectáreas de viñedo propio da variedade albariño repartidas en máis de 1.800 parcelas localizadas na súa totalidade na subzona de O Val do Salnés. A adega está situada en Meaño e a súa capacidade de produción é de 3.000.000 litros

Desde os seus inicios, Paco & Lola apostou por unha produción sustentable e desenvolveu unha xestión integrada do cultivo da vide, cun compromiso de sustentabilidade e respecto ao medio ambiente. Desde o ano 2010 forma parte do Proxecto Life Viñas Atlánticas (Life + Atlantic Vineyards), un proxecto innovador que implica a todos os viticultores para a minimización do uso de produtos químicos, mediante diferentes técnicas e accións coordinadas dentro dun sistema de xestión ambiental. 

En 40 países

Os produtos de Paco & Lola están presentes en máis de 40 países, o que se traduce nun 40% da facturación total en mercados internacionais. Ademais, desde o ano 2006 a adega suma máis de 100 galardóns tanto polo deseño das botellas como pola calidade dos seus produtos. Ademais, conta con certificados de calidade como BRC e IFS, ademais doutras certificacións de calidade turística como Sisted e Q de Calidade.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia