Inicio / Empresas asociadas / BIOMASA FORESTAL

BIOMASA FORESTAL

Contacto:
Biomasa Forestal S.L. 
Polígono Industrial de Penapurreira, Parcela C3 ­A
15320 ­- As Pontes (A Coruña) 
Tlfno: +34 981 702 867

Biomasa Forestal pertence desde o ano 2013 ao Grupo Gestán, un grupo empresarial galego que naceu para dar solución á demanda de servizos na actividade de xestión de residuos en Galicia.

A empresa, situada nas Pontes (A Coruña), dedícase á fabricación de pellets para uso industrial e doméstico. Na actualidade, a empresa fabrica pellet de 6 milímetros certificado Enplus A1, cuxos usos principais son a produción de enerxía térmica e a climatización de servizos públicos. Trátase dunha alternativa enerxética para fogares, comunidades e mesmo industrias que presenta como grande atractivo o aforro de custos e o respecto polo medio natural.

A produción de pellets lévase a cabo mediante a transformación da madeira (puntal de piñeiro fundamentalmente), que é descortizada e transformada en estelas para despois introducirse no secadoiro e finalmente triturarse nas peletizadoras co fin de obter o produto final.

A comercialización realízase tanto a nivel nacional como internacional e ao sector industrial ou doméstico. O 45% das vendas foron distribuídas na Unión Europea, sobre todo en Francia e Italia.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia