Inicio / Empresas asociadas / BODEGUILLA DE SANTA MARTA

BODEGUILLA DE SANTA MARTA

Contacto:
Bodeguilla de Santa Marta
Avda. da Liberdade, 11
15706  - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno: +34 981 813 520
e-mail: bodeguilladesantamarta@gmail.com
 

A Bodeguilla de Santa Marta foi inaugurada no ano 2012 en Santiago de Compostela. Ten a experiencia e proximidade de trato das súas irmás a Bodeguilla de San Roque e a Bodeguilla de San Lázaro. Está situada na zona máis noticia e acolledora de Santa Marta.

É un restaurante moderno bullicioso e confortable que conta con profesionais dedicados e desexosos de achegar un trato próximo e familiar, cun ambiente variado e cálido.

Podemos atopar produtos galegos, sempre preparados con sinxeleza, esmero e un toque de modernidade. Cada tempada introdúcense pratos novos na carta xunto cos pratos tradicionais.

A Bodeguilla de Santa Marta dispón dunha inmensa e coidada adega, onde se poden atopar máis de 300 referencias de viños galegos, españois, e doutros países. Destacan os viños de todas as denominacións de orixe galegas, con mais de 100 referencias. 

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia