Inicio / Empresas asociadas / CANTINA RÍO COVÉS

CANTINA RÍO COVÉS

Contacto:
Cantina Río Covés
Estrada Esteiro, 9
15600 - Pontedeume (A Coruña)
Tfno: +34 981434 057 - 981432 653
e-mail: cantina@riocoves.com
A Cantina Río Covés está situada ao final do paseo marítimo da vila medieval de Pontedeume (A Coruña) e asenta os seus alicerces sobre un antigo varadero no estuario do Río Covés, paso obrigado á porta de entrada ao Parque Natural das Fragas do Eume e aos Mosteiros de Caaveiro e Monfero.

A Cantina Río Covés manifestou ao longo dos anos un especial coidado e dedicación á conservación da súa contorna inmediata coa plantación de arboledo autóctono como buxo, loureiro, carballos, castiñeiros, salgueiros.

Sobre o vello varadero construíuse a casa familiar que, durante 50 anos, serviu como estanco, cantina e almacén de sal. Agora, rehabilitado como restaurante, ofrece unha cociña que utiliza o mar como inspiración.  



Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia