Inicio / Empresas asociadas / CONFITERÍA CERVIÑO

CONFITERÍA CERVIÑO

Contacto:
Confitería Cerviño
C/ Mosquera, 38 bajo 
32500 - O Carballiño (Ourense)
Tfno: +34 988 270 844
e-mail: info@canasfritascervino.com

Confitería Cerviño é unha empresa familiar que aposta por elaboracións artesanais, que lle confiren unha solidez e estabilidade que lle permiten ofrecer produtos de calidade superior garantida e permanente.

A condición de empresa familiar vénlle dada fundamentalmente por dúas circunstancias básicas: a primeira é que as instalacións produtivas e comerciais actuais son as mesmas nas que se edificou a vivenda dos seus antepasados, que foron os iniciadores da actividade; e a segunda, consiste na presenza ininterrompida de membros da familia á fronte do proceso de elaboración de produtos así como na dirección da empresa.

Tanto as fórmulas como as técnicas de elaboración dos produtos transmitíronse de xeración en xeración desde tempos inmemoriais, por aprendizaxe directa na práctica diaria daquelas persoas máis novas que se ían incorporando á empresa familiar. Na actualidade, Confitería Cerviño conta con quince traballadores, que mantén despacho e obradoiro nas mesmas instalacións ao mesmo tempo que envía os seus produtos a calquera punto da península.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia