Inicio / Empresas asociadas / GALLEGA DE PATATAS

GALLEGA DE PATATAS

Contacto:
Gallega de Patatas
A Brea, Vilariño das Poldras
32692 Sandiás - Ourense
Tfno: +34 988 462 451

É unha empresa familiar, creada hai 31 anos co ímpeto de comercializar o produto da nosa terra e facelo coñecer ao mercado español, formando parte desde o primeiro momento na creación da Denominación de orixe de Pataca galega. 

Actualmente o noso equipo humano é de 17 persoas, cunhas instalacións de 3000 mtros cadrados, e unha capacidade de frio ao redor dos 900 mtros cadrados, cunha maquinaria renovada para o mellor trato á materia prima. 

Estamos presentes no mercado galego e a nivel nacional nos principais mercados, Mercamadrid, Mercabarna, Mercazaragoza, Mercasturias, e Mercavalencia. 

A premisa é “a pataca boa non nace , faise”, e baixo este lema sempre tentamos poñer un top alto de calidade aos nosos produtos, xa sexa para que o consumidor final elixa Galega de Patacas fronte á nosa competencia. 

Un dos elementos craves que nos diferencian en canto a patacas amparadas baixo a denominación de orixe Galega, é que a recolección é manual, como se facía tradicionalmente, para unha maior calidade e conservación da materia prima.


Certificacions:

Redes sociais

Multimedia