Inicio / Empresas asociadas / HOTEL BOSQUE MAR

HOTEL BOSQUE MAR

Contacto:
Hotel Bosque Mar
Lg de Reboredo, 93 - San Vicente do Mar
36980 - O Grove (Pontevedra)
Tfno: +34 986 731 055
Fax: +34 986 730 512
e-mail: info@bosquemar.com

O Hotel Bosque Mar atópase no Lugar de Reboredo, en San Vicente do Mar (O Grove), a 300 metros da praia. Consta de dous edificios entre os cales conta cun fermoso xardín de plantas autóctonas e de diferentes lugares do mundo. Dispón de 48 habitacións, 12 estudos e 9 apartamentos; dúas piscinas e parking privado gratuíto.

A localización na península do Grove permite aos seus hóspedes realizar diversas actividades de lecer como a práctica do golf, deportes náuticos, realizar excursións en catamarán, equitación ou gozar das praias próximas.

No restaurante pódense gozar das hortalizas do horto do propio hotel, producidos con abonos naturais e ecolóxicos. A oferta gastronómica inclúe peixes e mariscos da Ría de Arousa, que combina elaboración tradicional con outras propostas modernas e internacionais.


Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia