Inicio / Empresas asociadas / CAMPOMAR HOTEL

CAMPOMAR HOTEL

Contacto:
Campomar Hotel
Camino de Mourelos, 69 (Praia de A Lanzada) 
36990 - Noalla - Sanxenxo (Pontevedra)
Tfno: +34 986 744972
Fax: +34 986 743 460
e-mail: info@hotelcampomar.es

Hotel Campomar conta cunhas modernas instalacións, totalmente reformadas no ano 2011, coa categoría de tres estrelas. Situado nas proximidades da praia da Lanzada, permite aos usuarios gozar da tranquilidade do campo, xunto ao mar.

Dispón de amplas e confortables habitacións con vistas ao mar ou ao campo e á piscina, a maioría contan con terraza. Dotadas de dúas camas individuais de 105 centímetros ou unha cama dobre de 150 cm., armario, escritorio, cuarto de baño completo con secador de pelo e artigos de aseo persoal, aire acondicionado, televisión de pantalla plana de 26 polgadas, teléfono, fechadura magnética e caixa de seguridade con capacidade para ordenador portátil. Tamén existe a posibilidade de habitacións triplas e cuádruplas.

O hotel dispón tamén de cafetería con terraza, comedor, salón social, piscina para nenos e adultos, jacuzzi exterior de 6 prazas, área de xogos para nenos, xardín de 6.000 m2, dotado de hamacas e parasoles, aparcadoiro e ascensores

No comedor ofrece unha ampla oferta gastronómica con produtos das Rías Baixas, como mariscos, peixes ou produtos do campo. Durante a tempada de verán dispón de servizo buffet

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia