Inicio / Empresas asociadas / HOTEL PAZO DO RÍO

HOTEL PAZO DO RÍO

Contacto:
Hotel Monumento Pazo do Río
Calle Pazo do Río, 16 – Montrove
15179 - Oleiros (A Coruña)
Tfno: +34 981 637 512
email: info@pazodorio.com

O Hotel Monumento Pazo do Río é un complexo turístico de 19.000 m2, situado Montrove (Oleiros,  Coruña). Abriu as súas portas ao público no ano 2004 e consta dun edificio principal, Hotel Monumento, produto da reconstrución dunha antiga casa señorial do século XVI, e dun conxunto de 22 apartamentos turísticos independentes, con categoría de tres chaves. 

Dispón de diversos servizos de lecer e relax: terraza chill out con cafetería, 16.000 m2 de xardíns, piscina climatizada, jacuzzi, barbacoa, pista de pádel, ximnasio, sauna finlandesa, parque-zona infantil, estanque e parking gratuíto, Wifi. Completa a oferta cunha capela con medios audiovisuais para celebracións de pequenos eventos profesionais (consellos de administración, presentacións...) e un cenador para celebrar grandes eventos familiares, especialmente vodas, bautizos e comuñóns.

O Hotel Pazo do Río, coa categoría de catro estrelas, conta con 9 habitacións situadas no edificio nobre e principal. Acolledoras e románticas, conservando a esencia da arquitectura tradicional galega e os materiais nobres.

Os Apartamentos Pazo do Río dispoñen de capacidade desde 1 ata 6 persoas. Equipados con cociña completa, terraza individual, vistas ao xardín, salón comedor, 1 baño e servizo de habitacións.

O restaurante Vale Inclán ten capacidade para ata 45 comensais ofece unha viaxe pola mellor gastronomía de Galicia coa materia prima como gran protagonista.  O restaurante ofrece os mellores peixes e mariscos traídos directamente e sen intermediarios das lonxas de Laxe e Malpica. Cociña de produto, elaborada da forma tradicional e seguindo as receitas da cociña Atlántica. 


Certificacions:

Redes sociais

Multimedia