Inicio / Empresas asociadas / BODEGUILLA DE SAN LAZARO

BODEGUILLA DE SAN LAZARO

Contacto:
Bodeguilla de San Lázaro
Rúa San Lázaro, 104
15703 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno: +34 981 566 607
e-mail: bodeguilladesanlazaro@gmail.com
A Bodeguilla de San Lázaro foi inaugurada no ano 2005 en Santiago de Compostela. Segue o concepto e a acha de éxito do seu antecesor o restaurante a Bodeguilla de San Roque. É un restaurante de ambiente agradable e familiar, situado en pleno Camiño de Santiago, con terraza ao aire libre, espazo reservado para manter reunións, comidas de empresa. 

A Bodeguilla de San Lázaro ofrece aos seus clientes numerosas catas de viños, licores e aceites que acaban de saír ao mercado, ao longo de todo o ano. conta cun aparcadoiro público próximo, situado a 100 metros do Palacio de Congresos, e das principais saídas de Santiago de Compostela. 

Neste local pódese gozar de todos os produtos galegos por excelencia, sempre preparados con sinxeleza, esmero, agarimo e con finos e sutís toques vangardistas. Segundo a tempada ofrece os produtos correspondentes (os grelos no inverno, lacón en entroido, os pementos de Padrón, etc.)  e introduce novos pratos xunto cos tradicionais e de mais éxito. 

Dispón dunha inmensa e coidada adega,  onde se poden atopar mais de 300 referencias de viños galegos, españois, e doutros países (Australia, Arxentina, California, Chile, Francia e Portugal). Destacan, entre a infinita variedade de viños, todas as denominacións de orixe galegas, con mais de 100 referencias. Cada semana suxiren novos viños para que proben os clientes. 
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia