Inicio / Empresas asociadas / LARSA

LARSA

Contacto:
Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A.
Robra
27154 - Outeiro de Rei (Lugo)
Tlfnp: +34 900 10 1 0 46

En 1933 os irmáns Rodríguez López adiántanse ao seu tempo e comezaron a elaborar, de forma profesional, queixo plano tipo Arzúa na Granxa Arjeriz. O éxito desta profesionalización levóunos a abrir unha planta industrial en Chantada (Lugo) e, tras a Guerra Civil, a Central Lechera de Vigo.

En 1947 nace Larsa como marca, ao fundar Lacto Agrícola Rodríguez, S.A. Esta empresa establécese en Vilagarcía (Pontevedra), aplicando á súa produción os primeiros controis de calidade.

En Vilagarcía comezáronse a producir varios tipos de queixo e, a partir de 1962, leite en bolsa e en tetra-pack. É o comezo da moderna industria láctea galega. En 1964, ante o éxito dos produtos Larsa, ábrese a Central Lechera en Balaídos (Vigo) e amplíase a gama a leite pasteurizado, sobremesas e nata.

Reestruturación sector lácteo

A finais da década dos anos oitenta Larsa participa na reestruturación do sector lácteo galego, integrándose no grupo Iberlat. En 1992 modernízase a planta de Vilagarcía e céntrase nela a produción de Larsa.

En decembro de 1997 intégrase en Corporación Peña Santa (CAPSA), xunto con Central Lechera Asturiana e Ato. Hoxe CAPSA é un dos maiores grupos lácteos do país e mantense como unha referencia en produtos lácteos sans e naturais.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia