Inicio / Empresas asociadas / MESÓN A CEPA

MESÓN A CEPA

Contacto:
Mesón A Cepa
Avenida de A Coruña, 22 baixo
15670 - O Burgo - Culleredo (A Coruña)
Tfno: +34 981 663 501
e-mail: info@mesonacepa.com  

Mesón A Cepa, situado no Burgo (Culleredo, A Coruña) é un mesón familiar que durante máis de 30 anos ofreceu ao público unha gran variedade das racións máis típicas e dos viños máis saborosos da terra.

Tras unha gran reforma e ampliación do local, Mesón A Cepa evolucionou ata conseguir a mellor combinación entre unha cociña tradicional e un servizo rápido e de calidade, sempre integrado nun ambiente cálido e acolledor.

O local é unha agradable mestura de espazos. Por unha banda, unha zona de mesas rústicas, construídas a partir dun único carballo centenario; e doutra banda, o local continúa cun comedor máis actual e cómodo. 

Actualmente, e coa seguinte xeración na dirección, conta cun completo equipo de profesionais para conseguir, sen renunciar á súa esencia, crecer e evolucionar na elaboración de novos pratos e tapas, co único obxectivo de agradar e satisfacer a todos os seus clientes.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia