Inicio / Empresas asociadas / NAUTA SANXENXO

NAUTA SANXENXO

Contacto:
Nauta Sanxenxo
Porto Deportivo Juán Carlos I, 12
36960 - Sanxenxo (Pontevedra)
Tfno: +34 986 720 517
Fax: +34 986 720 578

Nauta Sanxenxo é a sociedade municipal que xestiona o porto deportivo de Sanxenxo (Pontevedra),  cunha superficie concesional de 123.222 m². As súas instalacións comprenden unha área de auga de 90.000 m², 450 puntos de amarre e máis de 25.000m² de espazo peonil.

O porto dispón dunha bocana de 50 metros de ancho e unha profundidade de entre 5 e 8 metros. Conta con tomas de auga e electricidade individuais; subministración de gasoil e gasolina; 5.590 metros cadrados de mariña seca; mantemento das embarcacións e servizo de recollida de lixo, aceites usados e  augas residuais; ademais de duchas, wifi e outros servizos.

Nauta Sanxenxo tamén ten 3.000 m² de espazo comercial e 380 prazas de estacionamento. Na súa contorna inmediata podes atopar unha ampla oferta de restaurantes e hoteis. A 15 minutos hai dous campos de golf, un de 18 foxos e un de 9, entre outras cousas.


Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia