Inicio / Empresas asociadas / O GRELO RESTAURANTE

O GRELO RESTAURANTE

Contacto:
Restaurante O Grelo
Campo de la Virgen, S/N
27400 - Monforte de Lemos (Lugo)
Tfno: +34 982 404 701
e-mail: ogrelo@resgrelo.com

O Restaurante O Grelo é unha referencia da gastronomía de Monforte de Lemos (Lugo). Situado na zona monumental da cidade nun edificio tipo fortaleza medieval, conta cunha preciosa adega escavada na roca natural, cunha temperatura natual constante de 13º. 

Dispón de catro comedores de distintas capacidades, decorados con sinxeleza e elegancia, acorde coa historia do edificio, que lle confire un ambiente acolledor. A cociña caracterízase pola aposta polos produtos galegos, cunha exquisita selección das materias primas, que aposta por elaboracións tradicionais, con cocciones suaves e lixeiras. En tempada de caza, sobresaen as preparacións de paspallás, pato ou faisán.

A adega ten máis de 200 referencias de todas as denominacións de orixe de España, con especial atención aos viños da Ribeira Sacra, entre os que destaca Don Bernardino, que se presenta como o viño da casa. 


Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia