Inicio / Empresas asociadas / O RINCÓN DA BAIUCA

O RINCÓN DA BAIUCA

Contacto:
Pensión Rústica O Rincón da Baiuca
Lugar A Baiuca nº 7 
15124- Muxia (A Coruña)
Tfno: +34 981 742 583
e-mail: orincondabaiuca@gmail.com
O Rincón da Baiuca é unha antiga casa de labranza situada en A Baiuca, á entrada de Muxía, en pleno corazón da Costa da Morte. Cunha decoración rústica e á vez cun toque moderno, dispón de todas as comodidades para que a estancia dos seus hóspedes sexa inolvidable. Conta con 6 habitacións dobres con baño e TV, terraza, tres comedores con distintos ambientes e unha taberna onde os clientes poden gozar dos mellores caldos galegos.

A casa rural, que conta coa Q de Calidade Turística, foi restaurada por completo no ano 2002. Cunha antigüedade que ronda os cen anos, O Rincon da Baiuca era un lugar de encontro na entrada de Muxía, tanto para habitantes do pobo como de outras localidades. 

A casa rural conta cun restaurante de 1 garfo onde se ofrecen os mellores produtos a terra, o Restaurante O Rincón da Baiuca. A cociña do restaurante combina a tradición co desenvolvemento de novas técnicas culinarias, ofrecendo así un concepto de nova cociña con raíces autóctonas

O Rincón da Baiuca posúe tamén zonas infantís, barbacoa, parking e wifi gratuito así como información turística da zona e de actividades que o cliente pode realizar en contacto coa natureza.

En O Rincon da Baiuca promoven un concepto turístico de respecto á natureza e intentan que os seus clientes poidan compartir e gozar dun ambiente de natureza e tranquilidade combinado cun respecto absoluto á contorna que lles rodea. 

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia