Inicio / Empresas asociadas / PAZO DE ALTAMIRA HOTEL

PAZO DE ALTAMIRA HOTEL

Contacto:
Pazo de Altamira Hotel
Rúa de Altamira, 18
15704 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno: +34 981 558 542
e-mail: reservas@pazodealtamira.com

Pazo de Altamira é un pequeno hotel con encanto ideal para gozar da vida na zona histórica de Santiago, situado xunto á Praza de Abastos a só 400 metros da Catedral e a un quilómetro da estación de tren. Construído sobre o antigo Pazo de Altamira, o edificio está rehabilitado cun estilo funcional e contemporáneo. 

Conta con 3 estrelas e co distintivo Q de Calidade Turística. É perfecto para descansar e gozar dunha estancia con todas as comodidades, un trato excelente e unha localización idónea para explorar a vida compostelá. Goza de habitacións con amplas vistas desde balcóns e galerías que miran cara ao oeste de Santiago, sobre os tellados da cidade e co monte Gaiás ao fondo.

O restaurante do hotel ofrece a oportunidade de mergullarse na vida local e saborear a cultura e a gastronomía galegas cunha interpretación actual. O hotel dispón de aparcadoiro concertado, é accesible para persoas con mobilidade reducida e ofrece servizo de espertador, lavandería e prensa personalizada. Tamén ofrece transfer ao aeroporto de Santiago e organización de excursións.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia