Inicio / Empresas asociadas / QUESOS FEIJOO

QUESOS FEIJOO

Contacto:
Quesos Feijoo
Lugar de Acevedo do Río, s/n
32800 - Celanova (Ourense)
Tfno: +34 988 431 045 - 629 836 427
e-mail: quesos_feijoo@hotmail.com

Quesos Feijoo é unha empresa que aglutina a tradición de catro xeracións que, durante máis de sete décadas, elaborou queixos de forma tradicional. Creada en 1949, mantén os valores da súa fundadora, Talita Hierro García, que empezou a fabricar o queixo do país coas premisas da calidade, artesanía e tradición

Actualmente, a empresa está consolidada en España e pretende afianzarse en países como México, Portugal ou Italia, entre outros. Quesos Feijoo é unha marca de carácter familiar que naceu coa expectativa de satisfacer ao consumidor a través dun produto natural e artesán.  

Na década dos anos oitenta e noventa, a empresa abordou un plan de expansión e diversificación, ao elaborar os primeiros queixos de pasta dura ou barra e os semicurados de mestura de leite de vaca e nata de ovella. En 2015 lanzou dous novos produtos: o requeixo e o semicurado de vaca e leite de cabra. O queixo de teto, amparado pola D.O.P Queixo de Tetilla, tamén conta co selo de Galicia Calidade

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia