Inicio / Empresas asociadas / ESPAÑA

ESPAÑA

Contacto:
Restaurante España
Rúa do Teatro, 10
270001 - Lugo 
Tfno: +34 982 242 717
e-mail: hrestespana@gmail.com
Os irmáns Héctor e Francisco López asumiron a substitución xeracional do Restaurante España, que lles legou o seu pai cunha acreditada cociña tradicional en Lugo, pero achegaron unha comedida renovación que combina a herdanza ortodoxa co aggiornamento da despensa rural da provincia.

O cambio de estilo coincidiu coa renovación das instalacións que achegaron un aire de modernidade a un local que conta con máis de medio século. Ademais, a nova etapa conleva proxectos de aposta pola calidade, como a cría de bois, cuxa carne permite elaborar ata 10 pratos diferentes da súa carta.

Desde o ano 2014 conta co selo Q de Calidade Turística,  ademais de figurar como restaurante recomendado pola Guía Michelín e un Sol da Guía Repsol. O chef Héctor López forma parte do colectivo Nove, que aglutina aos cociñeiros que promoven a modernización e renovación da cociña galega.
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia