Moldeada por un profundo val fértil e luminoso polo que discorre apracible o río Sil, debuxando unha paisaxe máxica de granito e lousa, atópase a nosa adega Terriña, ao noroeste da provincia de Ourense na porta natural de entrada a Galicia desde a península.
Petín, que así se chama o municipio, é unha paisaxe de terras vermellas e negras onde crece o castiñeiro, a vide e a oliveira. A comarca de Valdeorras foi terra de paso e destino das lexións romanas que trouxeron consigo as primeiras cepas e construíron lagares para pisar a uva.
Así, foron dando orixe a unha tradición e cultura, hoxe secular no cultivo da vide e a elaboración de exquisitos viños, frescos e afrutados, con aromas de gran persoalidade.
O
inmenso potencial vitícola das nosas parcelas vén dado pola natureza dos seus chans, de textura arcilo-ferrosa, e as características climáticas da zona, con invernos fríos e veráns calorosos, outonos e primaveras suaves e pluviometría media. Tras anos de esforzo investigador, de implantación de novas tecnoloxías e modernización do proceso de produción, conseguimos que os nosos viños da
D.O. Valdeorras estean
entre os mellores de España e que
se exporten aos cinco continentes.