Inicio / Empresas asociadas / TALASO HOTEL LOUXO-LA TOJA

TALASO HOTEL LOUXO-LA TOJA

Contacto:
Hotel Louxo
Illa de A Toxa
36991 O Grove (Pontevedra)
Tlfno.: +34 986 730 200
Fax: +34 986 732 791

O Talaso Hotel Louxo-La Toja atópase nun dos espazos naturais máis fermosos de Galicia, privilexiadamente situado sobre a ría de Arousa. O hotel conta con 116 cuartos, todos eles climatizados, con impresionantes vistas ao mar, conexión Wi-Fi gratuíta, TV vía satélite, minibar e caixa forte. Os cuartos de baño están equipados con secador de pelo e artigos de toucador.

Dentro das súas instalacións o hotel conta cunha piscina exterior de auga salgada e cun balneario de auga de mar onde se pode gozar de baños turcos, sauna e ximnasio, ademais dunha ampla gama de tratamentos de beleza e de benestar. Nos dous restaurantes situados nos xardíns do hotel, o Rías GallegasLa Garza, pódense degustar magníficos pratos da gastronomía galega.

Tamén conta con salóns privados cunha capacidade de ata 450 persoas para a celebración de convencións e incentivos. Moi cerca do hotel atópase o Casino da Toxa e dous campos de golf, o da Illa da Toxa e o campo de golf de Meis.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia