Inicio / Empresas asociadas / YAYO DAPORTA

YAYO DAPORTA

Contacto:
Yayo Daporta Restaurante
Rúa do Hospital, 7
36630 - Cambados (Pontevedra)
Tfno: +34 986 526 062
e-mail: restaurante@yayodaporta.com

O restaurante Yayo Daporta abriu as súas portas en 2005 nun edificio histórico da céntrica Rúa Hospital de Cambados e, desde entón, mantén a súa aposta pola cociña galega actualizada. O chef, Yayo  Daporta, desenvolve os coñecementos e experiencias que adquiriu na Escola de Hostalería de Santiago ou en restaurantes como Casa Solla (Pontevedra), Alejandro (Almería ou o Amparo (Madrid).

Na carta, se parte de sempre dos mellores produtos que están ao alcance encada momento, cunha especial atención aos mariscos e aos peixes de tempada, aos que se aplican as técnicas de cociña máis adecuadas,

Conta cunha ampla e coidada selección de viños das denominacións de orixe galegas e doutras rexións españolas e internacionais, dirixida pola catadora Esther Daporta.

Desde o ano 2008 conta cunha estrela outorgada pola Guía Michelín e desde o ano 2015 dispón de dous soles na Guía Repsol, ademais do certificado Q de Calidade Turística. O chef Yayo Daporta forma parte do colectivo Nove, que aglutina aos cociñeiros que promoven a modernización e renovación da cociña galega.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia