Inicio / Empresas asociadas / A PEMENTEIRA

A PEMENTEIRA

Contacto:
A Pementeira
Polígono Ind. da Picusa, Vial F, Nave 2 A, O Couto
15900 - Padrón (A Coruña)
981 811 318/651 650 551
e-mail: info@apementeira.com

A Pementeira é unha sociedade agrícola de transformación dedicada á produción, ao envasado e á comercialización do pemento de Herbón. Foi fundada por 23 agricultores con ampla experiencia neste cultivo e conta cun equipo novo e herdeiro dunha sabedoría e dunha tradición que preservan e ao mesmo tempo poñen en marcha mecanismos que permiten obter o máximo rendemento do traballo para ofrecerlles aos clientes a mellor calidade.

A empresa naceu no ano 2006 e na actualidade ofrécelle ao cliente un produto de primeira calidade grazas ao desenvolvemento dun sistema eficiente de produción e comercialización.

A Pementeira mantén a idea da incorporación de novos socios que consideran a agricultura como un modo de vida. Este proxecto colectivo de agricultores quere producir, envasar e distribuír o pemento amparado pola Denominación de Orixe Protexida Pemento de Herbón.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia