Inicio / Empresas asociadas /

Contacto:
A Tahona de Melide
Avda. Habana, 7
15800 - Melide (A Coruña)
Tfno: + 34 981 50 51 27 
Fundada en 1930, a Tahona de Melide é unha empresa especializada na elaboración de postres que aposta por manter a tradición dos postres da comarca de Melide pero sen deixar de lado a innovación, a comercialización e aposta pola tecnoloxía.

O establecemento, situado no Camiño Francés, deleita aos peregrinos e visitantes da vila co aroma dos produtos elaborados no seu obrador como os melindres, ricos e amendoados, elaborados a base de manteiga, ovos e fariña.

Cada mes de maio, a Tahona participa na promoción e exaltación do melindre na Festa do Melindre, cita gastronómica centrada neste produto tan arraigado á tradición e tan valorado polos miles de peregrinos que cada ano pasan por este concello no seu camino a Compostela.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia