Inicio / Empresas asociadas / ADEGA DOS EIDOS

ADEGA DOS EIDOS

Contacto:
Adega Eidos
Padriñán Nº 65
36960 - Sanxenxo (Pontevedra)
Tlf - +34 986 690 009
Fax - 986720307 

Adega Eidos, fundada no ano 2000, está acollida á Denominación de Orixe Rías Baixas e situada no extremo máis setentrional da subzona Val do Salnés, ao abeiro dunha ladeira denominada Padriñán, na que se atopan as múltiples pequenas plantacións inmemoriais que a nutren.

Esta zona cun dominio privilexiado sobre a vila de Sanxenxo e a bocana da ría de Pontevedra, posúe un microclima propio, idóneo para o cultivo da vide, que unido ás peculiaridades xeofísicas do solo, dan como resultado unha uva cun inmellorable equilibrio de ácidos e azucres e cun grao de maduración óptimo. Esta conxunción orixinou un viño albariño con identidade propia.

Na vendima selecciónanse as mellores uvas e xa nesta etapa procédese a unha primeira selección que consiste en separar os acios danados, para a continuación transportar a uva ata a adega. Despois de recollidas as uvas, procédese a separar os grans de uva dos acios e despois realízase o seu estrullón e prensadura.

As modernas instalacións da adega axudan no proceso que Adega Eidos segue para a elaboración do viño, unido á arte tradicional das técnicas máis avanzadas para lograr facerlles chegar aos clientes estes marabillosos caldos dunha pureza inigualable.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia