Inicio / Empresas asociadas / ALTOS DE TORONA

ALTOS DE TORONA

Contacto:
Altos de Torona
Vilachán s/n 
36740 - Tomiño (Pontevedra)
Tlfno: (+34) 986 442 602
Fax: (+34) 986 403 086
Televenta: (+34) 986 288 212
e-mail: hga@hgabodegas.com
www.altosdetorona.com

O viñedo de Altos de Torona, con máis de 100 hectáreas, é a plantación de albariño máis grande dun só propietario nasRías Baixas,  nunha soa peza. A leira atópase en Vilachán (Tomiño-Pontevedra). A súa altitude sobre o nivel do mar vai dos 200 aos 350 m. Está a 3,5 km de distancia do río Miño é a 10 km do océano Atlántico. Trátase dunha ladeira orientada cara ao sur, entre os arroios de Bravos e do Pego.

Situación

Aínda que está cerca do mar e do río Miño, a súa situación na metade da ladeira fai que non lle afecten nin as néboas nin as humidades do val, nin os fríos existentes nos cumios. A orientación sur garante unha boa insolación, que contribúe a unha perfecta maduración da uva.

O clima é suave durante todo o ano, pero sobre todo no verán. Astemperaturas suaves do verán fan que a uva madure lentamente, conservando todos os seus aromas varietais e unha importante acidez, necesarios para a elaboración de viños frescos e afroitados.

O solo

O solo granítico, areoso e moi permeable permite obter viños moi finos, capaces de resaltar ao máximo os aromas varietais.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia