Inicio / Empresas asociadas / AGUAS DE MONDARIZ - FUENTE DEL VAL

AGUAS DE MONDARIZ - FUENTE DEL VAL

Contacto:
Aguas de Mondaríz
Avda. del Val, s/n
36878 - Mondariz (Pontevedra)
Tlfno.: +34 986 65 60 76
Fax: +34 986 65 65 11

Aguas de Mondariz é unha marca con 138 anos de historia. As súas orixes están vinculadas á actividade balnearia e á explotación das augas mineromedicinais de Mondariz, que en 1873 obtiveron a declaración de utilidade pública e que comezaron a comercializarse no ano1877.

Aguas de Mondariz embotella cada ano máis de 100 millóns de litros de auga, que se comercializan en máis de 150 millóns de envases. A súa actividade comprende tanto a área da alimentación como a da restauración e esténdese a outros 29 países dos cinco continentes.

Aguas de Mondariz é unha marca monomanancial, xa que toda a auga embotellada procede da súa única planta situada no Concello de Mondariz (Pontevedra). Deste xeito, o consumidor ten a garantía dunha uniformidade na composición mineral e nas propiedades do produto. O seu manancial está situado na Rede Natura 2000, cun perímetro de protección de 43 millóns de m2 de extensión.

É unha auga de mineralización débil que se caracteriza polas súas calidades beneficiosas para a saúde grazas á súa composición equilibrada ao longo do tempo e ao seu sabor único, fino e diferenciado, o que lle valeu o recoñecemento de institucións como o International Taste Quality Institute(que lle concedeu a Aguas de Mondariz o máximo galardón á calidade e á excelencia, oCrystal Taste Award, no ano 2011), así como outras certificacións (ISO 9000, 14001, 22001 e EMAS III).

Aguas de Mondariz comercializa dous produtos alimentarios diferentes baixo dúas marcas distintas: Mondariz e Fuente del Val. Ambas as marcas son orixinarias da zona e as dúas teñen unha gran historia.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia