Avícola Tratante posúe unhas modernas instalacións tanto de produción de ovos como de distribución, clasificación, envasado e expedición, o que lle permite ofrecer aos seus clientes a máxima calidade e frescura dos seus produtos.
O obxectivo de Avícola Tratante é ofrecer aos seus clientes o mellor servizo e o ovo máis fresco e de maior calidade do mercado. Para realizar a distribución e garantir a calidade dos produtos conta coa súa propia frota de vehículos isotermos.
En Avícola Tratante existe un estrito control sanitario para, deste xeito, asegurar unha produción de garantía. A calidade do produto é un obxectivo fundamental e para iso a empresa realiza un exhaustivo control de todo o proceso produtivo. O sistema de xestión da calidade cumpre coa norma ISO 9001 e está certificado por Aenor. O sistema de xestión da seguridade alimentaria está certificado conforme a normativa de IFS (International Food Standar).
A alimentación das galiñas realízase con millo, trigo e soia, o que supón un factor diferencial canto á calidade do ovo producido.Galicia Calidade, S.A.U.
Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.
Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230
Fax: + 34 881 995 238
info@galiciacalidade.gal