Inicio / Empresas asociadas / BODEGAS NAIROA

BODEGAS NAIROA

Contacto:
Bodegas Nairoa
C/ A Ponte nº 2
32417 – Arnoia (Ourense)
Tlfno: +34 988 492 867
Fax:+34 988 107 374

Bodegas Nairoa elabora desde 1999 viños de alta expresión, persoais, complexos e harmónicos. A adega está situada na comarca de Arnoia, en cuxas sollías abas de solos graníticos e clima atlántico medran as cepas ancestrais das variedadestreixadura, albariño, loureira, lado… que dan vida a uns viños nos que a calidade é un referente.

Unha viticultura tradicional e de baixos rendementos garante a obtención dunhas uvas nas que se manifesta o carácter varietal e do terroir. Así chegan á adega, onde son elaboradas con respecto, de maneira que os seus viños levan a mensaxe da máis pura identidade destas terras de Galicia.

As modernas instalacións de Bodegas Nairoa están situadas á beira do río Arnoia, nun edificio de arquitectura tradicional galega.Nelas procésanse as uvas recollidas e seleccionadas á man, ás que se lles aplica unha vinificación respectuosa coas variedades, pero tamén imaxinativa e innovadora, como é o caso da conxelación pelicular das uvas.

Os viños elaborados por Bodegas Nairoa están amparados pola Denominación de Orixe Ribeiro, a segunda máis antiga de España (1932).

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia