Inicio / Empresas asociadas / BODEGAS RUCHEL

BODEGAS RUCHEL

Contacto:
Bodegas Ruchel 
Estrada de Cernego s/n 
32340 - Vilamartín de Valdeorras (Ourense) 
Teléfono/fax: 986 25 33 45 
e-mail: info@vinosruchel.com 

Foi constituída no ano 1989, coa idea de producir viños de calidade, e sacou por primeira vez ao mercado o seu viño branco Ruchel en 1990. No ano 1998 ampliou a adega co fin de elaborar e comercializar viños tintos. En 2010 abordou outra reforma para aumentar a capacidade e modernizar as infraestruturas.

A adega está situada no Pazo dos Cabaleiros, en Vilamartín de Valdeorras, onde elabora e embotella os seus propios viños baixo a Denominación de Orixe de Valdeorras cumprindo todos os controis e normas do Consello Regulador.

Desde Bodegas Ruchel pódense apreciar unhas cinco hectáreas de viñedos, xa que a adega está situada no alto dun outeiro bordeado por fermosos socalcos. Ademais, conta con máis de 30 hectáreas baixo supervisión. Todos os viñedos están localizados nos arredores de Vilamartín de Valdeorras, en zonas óptimas para o crecemento, o desenvolvemento e a maduración da uva.Todos os viñedos teñen unha media de 35 anos.

Variedades de uva

A uva predominante é a variedade godello para os brancos emencíapara os tintos. O tipo de poda que se realiza é o de espaleira. A súa recolección é manual.

Durante todos estes anos seguiuse coa idea central de producir viños de calidade. Para iso, a uva cóidase con esmero na vide, sen agregarlle elementos prexudiciais, e ponse especial atención tanto na vendima, esperando o seu momento xusto, como na elaboración que tamén é coidadosa.

Para a elaboración e todos estes coidados, a adega conta cunhas modernas instalacións. Dispón de depósitos para o branco cunha capacidade de 10.000 e 15.000 litros, e de depósitos para tinto de 25.000 cada un. Todos os depósitos son de aceiro inoxidable. Tamén conta con barricas para a crianza de viños,que se renovan regularmente.

A distribución inicial destes viños realízase por medio da empresa e tamén a través de grandes distribuidores de toda España.


Certificacions:

Redes sociais

Multimedia