Inicio / Empresas asociadas / CASA DE CACHEIRO

CASA DE CACHEIRO

Contacto:
Casa de Cacheiro 
Santa Cristina, 9 - Lamela
36579 - Silleda (Pontevedra)
Tlfo: +34 986585095/ +34 649 359 609 
Fax: +34 986585027
e-mail: info@casadecacheiro.com
e-mail reservas@casadecacheiro.com

En Silleda, no centro de Galicia e a escasos 10 minutos de Santiago de Compostela, atópase a tranquila e señorial Casa de Cacheiro. Trátase dunha casa rural restaurada na que se combina tradición, modernidade e calidade, está próxima ao recinto feiral Semana Verde, na Vía da Prata do Camiño de Santiago, e resulta ideal para alugar completa ou por cuartos.

Dispón de 7 cuartos dobres con TV e calefacción,dous grandes salóns comedores con mobles antigos, unha típica lareira galega e amplos xardíns con árbores centenarias e autóctonas. Rodeada de paz e tranquilidade, conta con varias distincións, como o Premio Nacional Posada de Oro 2002,Vips Radio Turismo2003, o selo de prestixio Compromiso coa Calidade Turística (outorgado polo Padroado de Turismo Rías Baixas) e aQ de Calidade Turística. 

Esta casa, situada nun contorno natural envexable, está rodeada de ríos, mosteiros, torres, montañas, fervenzas naturais, praias fluviais, inmensas zonas verdes, etc. o que permite gozar dos días de descanso en Casa de Cacheiro. Entre estes lugares de interese destacan a fervenza do río Toxa, o Mosteiro de Carboeiro, o Pazo de Oca, a praia fluvial da Carixa, o Santuario da Saleta ou o recinto feiral de Silleda.


Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia