Inicio / Empresas asociadas / CASA VIXIDE

CASA VIXIDE

Contacto:
Soutullo, 20 - Anseán 
36519 - Lalin - Pontevedra
Tlfn: +34 986784442 / +34 669822480

Casa Vixide é unha antiga casa de aldea do s XVIII,consta de dúas habitacións dobres con baño, salón comedor cociña, e un apartamento con dúas habitacións dobres con baño compartido ,sala con mini cociña e outro baño. Atópase situada nunha parcela de 4.100m, rodeada dunha ampla zona de céspede, froiteiros e plantas ornamentais. Na casa destacan as vigas de madeira do teito, a cheminea, o chan de pedra e madeira, os mobles antigos da propia casa que foron restaurados polos seus propietarios.Cabe destacar as mesas do salón, o aparador onde se gardan pratos e vasos que foron quedando da familia, as camas de ferro, o reloxo de parede e unha infinidade de obxectos que decoran cada unha das estancias. También ten un hórreo(edificación típica galega onde se almacenaban as mazorcas de millo) e un alpendre onde se atopa un comedor de verán con grellada para degustar á brasa as ricas carnes da zona.
Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia