Inicio / Empresas asociadas / COLTERXY

COLTERXY

Contacto:
Terxy
Polígono de Bergondo
c/ Parroquia de Cortiñán Naves F17- F13
15165 - Bergondo (A Coruña)
Teléfono: +34 981 795 355
Fax: +34  981 795 809
www.terxy.com

Terxy é unha marca que naceu no ano 1983 co obxectivo de ofrecer unha nova liña empresarial no sector dos produtos dedicados ao descanso. É unha empresa de capital integramente galego que, desde os seus inicios apostou pola innovación e a excelencia en todo o seu proceso produtivo.

Terxy foi aumentando o seu posicionamento como marca de calidade no mercado, ao apostar por materias primas beneficiosas para a saúde e, sobre todo, polo descanso, no que o máis importante é a calidade e o coidado do noso corpo mentres dorme.

A empresa reflicte o traballo dun grupo de persoas comprometidas con ofrecer o mellor descanso a prezos accesibles e coa maior calidade. Conta con máis de 10.000 distribuídos entre a fábrica e o almacén. A rede de puntos de venda medra día tras día.

Terxy conta coas máximas certificacións que avalan os seus produtos e os posicionan como os máis saudables dentro do sector. As materias primas utilizadas para a fabricación dos produtos certificados coa garantía GDS®contan cos certificados LGA (garante un descanso 100% sen tóxicos e respectuoso coa saúde) e Oeko - Tex Standard 100 Clase de Produto I (a etiqueta ecolóxica líder mundial en artigos téxtiles, na que se certifica a ausencia de substancias nocivas).

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia