Inicio / Empresas asociadas / CONSERVAS A ROSALEIRA

CONSERVAS A ROSALEIRA

Contacto:
Conservas A Rosaleira 
Calle Cumieira nº10
36770 - O Rosal (Pontevedra)
Tlfno: +34 986 625 015 

A historia da Rosaleira  remóntase a finais dos anos trinta. Fundada co nome de Conservas Vegetales José Sánchez García, foi durante moitos anos a única fábrica de conservas vexetais de Galicia. Nos seus inicios, a produción centrouse nas conservas de tomate e fritada, así como nas claudias.

No ano 1967 tomouse a decisión de producir grelos en conserva. Desde a súa fundación, a marca mantivo o seu empeño de conservar, da maneira máis natural, as hortalizas, froitas e verduras que produce. Coa entrada de Terras Gaudana empresa, garántese a continuidade dese bo facer que a caracterizou durante tantos anos.

Os nosos produtos

Un dos valores máis apreciados da Rosaleira é a forma de elaborar as conservas. Desde 1940, traballa coa mellor materia prima, auga e sal mariña, elaborando unha das mellores conservas vexetais do mercado. Utiliza soamente ingredientes naturais, sen aditivos nin conservantes. Os grelos selecciónanse e lávanse á man; escóllense as súas partes máis tenras e despois procédese a conservar as súas calidades naturais. Ademais, están amparados pola Indicación Xeográfica Protexida Grelos de Galicia.


Certificacions:

Redes sociais

Multimedia