O Grupo Coren é a maior cooperativa agroalimentaria de España, con máis de 3.200 socios e 3.000 empregados. Desde a súa creación, no ano 1959, o seu obxectivo é ofrecer aos consumidores produtos da máxima calidade, mantendo sempre o carácter tradicional na súa crianza e elaboración.
Coren conta cunha rede de 20 industrias por toda Galicia, dotadas das máis modernas tecnoloxías do sector e dun equipo de profesionais altamente cualificado, o que lle permite controlar todas as fases do proceso produtivo, desde a crianza e a alimentación dos animais ata a distribución final a nivel nacional e internacional.
O resultado son produtos da máxima calidade,100% galegos e co mellor sabor tradicional de sempre.
Galicia Calidade, S.A.U. Complexo administrativo de San Lázaro, s/n. Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230 Fax: + 34 881 995 238 info@galiciacalidade.gal