Inicio / Empresas asociadas / GARGALO

GARGALO

Contacto:
Gargalo
Rúa do Castelo, 59 Pazos
32619  - Verín (Ourense)
Tlfo: +34 988 590 203
Fax: +34 988 590 295

Desde a súa inauguración no ano 1998, a adega Gargalo elabora os seus excelentes viños dentro Denominación de Orixe Monterrei. Das variedades godello, treixadura e dona branca nace un branco novo e moderno. Así mesmo, os seus tintos mencía, tempranillo e bastardo demostran un equilibrio excepcional.

Os viños e licores Terra do Gargalo distribúense por toda a xeografía nacional, ademais de contar cunha ampla presenza dentro da Unión Europea e nos países do norte e do centro de América. Cunha produción máxima de 250.000 botellas anuais, Gargalo garante unha alta calidade dos seus produtos, unha calidade que o seu fundador, Roberto Verino, esixe en todos os seus proxectos.
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia