Inicio / Empresas asociadas / GRUPO SADA

GRUPO SADA

Contacto:
Lugar da Igrexa nº 30, Duarría
Castro de Rei (Lugo)
Tlfno: 918 075 430/900 200 901
www.sadagrupo.com

Grupo SADA é a empresa líder a nivel nacional, especializada na produción avícola integrada, orientada ao mercado tradicional, á distribución moderna e ao food service. A súa actividade céntrase na xestión total do ciclo produtivo do polo, desde reprodutoras, incubadoras, granxas de ceba e plantas de procesamento, ata a distribución do produto final.

A súa misión é ser o mellor socio para os seus clientes, proporcionándolles polo e produtos elaborados de polo, seguros, saudables e nutritivos, e satisfacendo as demandas presentes e futuras dos consumidores.

Grupo SADA é a división de procesamento avícola da compañía Nutreco en España, compañía holding de Nutreco. Nutreco é unha das maiores compañías multinacionais do sector agroalimentario, é parte da industria que alimenta o mundo. Ten un amplo alcance xeográfico e unha carteira diversificada de negocios e produtos. A súa capacidade de transferir técnicas e coñecementos a outros mercados, rexións e especies, constitúen a vantaxe competitiva de Nutreco.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia