Inicio / Empresas asociadas / HIJOS DE RIVERA

HIJOS DE RIVERA

Contacto:
Grupo Hijos de Rivera 
C/Jose Maria Rivera Corral 6
15008  - A Coruña
Tlfno.: +34 981 901 906
Fax: +34 981 901 903
www.estrellagalicia.es 
  
Departamento Comercial-Marketing División
Tlfno.: +34 981 901 916
Fax: +34 981 901 904

Hijos de Rivera S.A, fundada en 1906, é unha empresa cervecera que mantivo ao longo da súa historia unha filosofía empresarial baseada na tradición, a calidade e a garantía dos seus produtos. A compañía, que mantén o carácter familiar do seu fundador, foi capaz de adaptarse ás novas esixencias do mercado coa aposta pola innovación e a vanguardia na elaboración dos seus produtos, detectando e comprendendo as novas demandas.

Hijos de Rivera produce 175 millóns de litros cada ano das súas diferentes marcas de cervexa na súa fábrica da Coruña. Un proceso de elaboración 100% natural a base de auga, malta de cebada, lúpulo e maíz, que se completa cunha cepa de levadura exclusiva. Este ciclo de produción dá lugar ás cervexas Estrella Galicia Especial, 1906 Reserva Especial, 1906 Red Vintage y1906 Black Coupage, Estrella Galicia 0,0, Shandy Estrella Galicia, Estrella Galicia Pilsen.

Estrella Galicia é a marca de cervexa máis emblemática de Hijos de Rivera. Comezou a producirse en 1906 cando José María Rivera Corral fundou a empresa e non deixou de fabricarse desde entón. Cunha historia centenaria, esta cervexa é a alma do negocio familiar e pódese consumir en todo o territorio español e en máis de 30 países de todo o mundo.



Certificacions:

Redes sociais

Multimedia