Hornos Sanfiz, con enderezo no municipio lugués de Begonte, é unha empresa dedicada á fabricación e á venda de pan galego precocido ultraconxelado.
Os seus produtos comercialízanse baixo a marcas rexistrada Chousa, sobre os que se aplica a marca de garantía Galicia Calidade. A fabricación realízase de modo natural, con cortes e formas feitas á man, o que permite obter un pan artesanal cocido en forno de pedra. Tanto o sistema de fabricación como a manipulación da masa conseguen que as barras teñan as características do pan galego.
Galicia Calidade, S.A.U.
Complexo administrativo de San Lázaro, s/n.
Edificio IGAPE 3o 15703 Santiago de Compostela
Telf.: +34 881 995 230
Fax: + 34 881 995 238
info@galiciacalidade.gal