Cos seus 17.500 m2 adicados de maneira total ao benestar, ao relax e ao goce de experiencias enriquecedoras, Augusta Eco Wellness Resort converteuse nun referente internacional en canto á cultura da auga e a inmensa saúde que esta nos proporciona.
Situado nun lugar privilexiado, a 600 metros da soleada praia de Silgar e a 250 metros do centro urbano de Sanxenxo, o Augusta Eco Wellness Resort asómase ao máxico e xeneroso mar das Rías Baixas desde unha terra na que a auga se converte en cultura e en lenda, e onde a diversidade paisaxística, cultural, gastronómica e de lecer se aúnan para ofrecer aos visitantes o mellor de Galicia na contorna máis próxima.