Inicio / Empresas asociadas / KIWI ATLÁNTICO

KIWI ATLÁNTICO

Contacto:
Kiwi Atlántico
Portaris - Lois, s/n
36635 - Ribadumia (Pontevedra)
Tlf. +34 986 715 286
Fax. +34 986 715 042

Kiwi Atlántico constituíuse no ano 1988 como resultado da unión de 30 kiwicultores de Galicia e Asturias coa clara vocación de lograr a maior rendibilidade para os seus socios. Actualmente conta con máis de 70 socios e 20 produtores colaboradores, con explotacións de diversas dimensións.

É unha sociedade formada unicamente por produtores con grande arraigamento na agricultura, avalada pola súa longa tradición no norte de España nas economías agrarias complementarias a nivel familiar. Esta unión de esforzos e de ideas á hora de cultivar permitiu unha comercialización conxunta, uniforme e empeñada en que o froito sexa da máxima calidade.

As zonas de produción proporciónanlle unhas características específicas a esta froita debido á acidez do solo e da auga, así como á falta de xeadas no outono, o que dá como resultado un froito cun grao de azucre ideal para o seu consumo e cun sabor agridoce longo e afroitado característico que non teñen as froitas doutras zonas europeas.

A comercialización realízase a partir de producións propias, con asesoramento técnico que uniformiza os criterios produtivos. As producións realízanse sen ningún tipo de tratamento pesticida. As actividades que desenvolve Kiwi Atlántico son a recepción, a conservación, a clasificación, o envasado e a expedición de kiwi.

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia