Inicio / Empresas asociadas / LA CENTRAL HELADERA

LA CENTRAL HELADERA

La Central Heladera Artesana de Ourense é unha empresa que nace no ano 2015 especializada en xeados artesanais, gofres e crepes. Nacida coa vocación de converterse en alternativa máis saudábel aos xeados máis industriais, iogures conxelados ou produtos prefabricados. Os seus xeados elabóranse a partir de produtos de Galicia de primeira calidade con materia prima de "km 0" e elaborados artesanalmente, o que permite mater todos as súas propiedades e conservar o seu sorprendente sabor. 

O seu primeir punto de venta foi La Central Heladera da rúa do Paseo, en Ouresne, e a partir de aí foron medrando con tres puntos de venda máis na cidade das Burgas (zona dos viños, avenida das Caldas e recementemente no Centro Comercial Ponte Vella) sumándose á súa franquicia en Pontevedra, agardando a reubicación da xeadería da Coruña e aos seus BOX móbiles, como os de Porto do Son, Carballiño...

Ademais das súas xeaderías artesanais tamén se pode encontrar o xeado de La Central Heladera nos mellores puntos de restauración da comunidade e incluso a nivel nacional, con presenza en Barcelona, Sevilla e, sobre todo, Madrid. 


 

Produtos/Servizos:
Certificacions:

Redes sociais

Multimedia