Inicio / Empresas asociadas / PAZO DE ANZUXAO

PAZO DE ANZUXAO

Contacto:
Lacteos Anzuxao 
Madriñan, 2 
36512 - Lalín (Pontevedra)
Tel: +34 986 794 135
Fax: +34 986 794 143
e-mail: info@lacteosanzuxao.com
Pazo de Anzuxao iniciou a mediados dos anos 70 a elaboración de queixo de tetilla a partir do leite producido nos campos do pazo. Co paso dos anos, a fábrica foi gañando reputación pola calidade e sabor dos seus produtos, obtendo así unha expansión gradual, sen abandonar a tradición.

Pazo de Anzuxao utiliza leite pasteurizada, proveniente de vacas dos produtores rexistrados da comarca de Lalín, para poder garantir a calidade dos queixos. Durante a produción, a leite é sometida a rigorosas probas, tanto nos laboratorios oficiais como nos propios da fábrica.

Os queixos de Anzuxao caracterízanse polo seu sabor lácteo, mantecoso e lixeiramente acedo. No seu suave cheiro recoñécese o aroma do leite. As codias, na súa maioría finas e elásticas, varían de tonalidade en función do tipo de queixo. Na actualidade, entre outros, produce queixos amparados pola D.O.P Queixo Tetilla e pola D.O.P. Arzúa-Ulloa.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia