Inicio / Empresas asociadas / LECHE DE GALICIA

LECHE DE GALICIA

Contacto:
Leche de Galicia
Ctra. Vilalba-Meira, s/n
27800 - Vilalba (Lugo)
Tlfno.:: +34 902300209
Fax: +34 982 512 425

Só cando a calidade abrangue todos e cada un dos procesos de produción, é posible conseguir produtos realmente excepcionais. Só cando se levan a cabo os máis estritos controis e seguimentos, esa calidade conta con todas as garantías.

A calidade entendida como un proceso global, que integra desde as fases previas de recollida da materia prima ata a axeitada distribución comercial, e o rigor dos máis exhaustivos exames de laboratorio son, sen dúbida, as principais claves que levaron a empresa Leche de Galicia S.A. a ser merecedora da marca de garantía Galicia Calidade desde o ano 1998.

A aposta permanente desta empresa pola evolución e o desenvolvemento, así como o seu constante desexo de ofrecer ao público produtos e servizos completamente adaptados ás súas necesidades, lévaa a sacar ao mercado, case de forma continua, envases máis cómodos e prácticos, leite especialmente enriquecido ou novas formas de comercio, como a televenda operativa, que pronto estará en funcionamento.

Certificacions:

Redes sociais

Multimedia